domingo, 11 de mayo de 2014

AS FONTES E LAVADEIROS




Seguindo o recorrido por o patrimonio da parroquia de Cerponzóns, móstrovos aquí as fotos das fontes e lavadeiros que hay na nosa parroquia, moitos deles teñen séculos e usáronse polos veciños ate fai relativamente poucos anos, alí reuníanse as veciñas maioritariamente, e mentres lavaban falaban das suas cousas, mantíñase mais contacto que ahora.

Quero suliñar, que moitos de eles non están limpios precisamente pola falta de uso as cousas se deterioran, pero forman parte tamen da nosa historia.

Detrás da iglesia, xunto ó parque, sitúase o pozo e o palomar.



No mesmo entorno temos esta fonte.




O lavadeiro da rectoral

 O fonde vese a mina que surte o lavadeiro cós manantiais dos nosos montes.

Propiedade do clero,  situado a carón da casa rectoral.


Descripción:
Fonte a carón da igrexa de San Vicente de Cerponzóns, procedente dunha mina de agua situada no monte veciño. A fonte mana a partir dun oco no muro do adro da igrexa. A lumieira do oco esta aproveitada dunha pedra moldurada. A auga percorre ao longo dunha canle labrada por tramos en pedra de granito. A canle ten dous desaugadoiros, un lateral que desemboca nunca piscina de muros de perpiaño de granito de 2 metros de ancho e longo aproximadamente. O outro desaugadoiro está no extremo da canle e desemboca nunha gran pía rectangular situada nun nivel inferior. A ámbalas dúas beiras da pía hai perpiaños horizontais ao mesmo nivel. Un deles está lixeiramente elevado e inclinado que ben se podería usar como lousa de lavadoiro. A auga sobrante da pía cae nun desaugadoiro limitado pola outra beira por unha pedra circular procedente do tornarratos dun hórreo.



Inventario de 1939. ( Arquivo do clero)
OS MANANCIAIS DA CASA REITORAL

Diante da porta da casa reitoral hai unha gran pía que se alimenta das fontes de SantanrandánRouco e outra que nace nas Tomadas, a moi pouca distancia da presa, o percorrido desta auga dende o primeiro manancial ata a feligresia ou casa reitoral é duns 3 quilómetros, esta auga é exclusivamente da casa reitoral, hai 21 anos que rexe esta parroquia o que subscribe e xamais comparece algunha invocou dereito ningún sobre esta, vén polo referido, gozándose sen oposición ningunha este dereito que naceu dos fundadores desta parroquia.

En Meán lavadeiro xunto a fonte do 1958










En Liborey este antíguamente tiña tellado.




Este labadeiro, non é o orixinal inda que está no mesmo sitio, fíxose unha restauración fai anos, pero mais que restauración foi unha sustitución, xa non queda nada do orixinal.
Aspecto en tempos pasados





Fonte no lugar da Fontairiña













Fonte que fai fronteira entre Alba e Cerponzóns





Fonte no Chan do Monte.


Fonte de Carrico (na Costa)


En Liborey datada oficialmente no 1800, chámase a Fonte de Atrás.


A data que vemos grabada, corresponde a data na que se restaurou.








Lavadeiro coa sua mina de agua no Cunchido.








                                         Contame unha veciña que no oco que vedes en esta foto, apoiaban os baldes e as tinas da roupa para cargalos despois na cabeza.          

No Vigario.
(As fotos de este lavadeiro foron aportadas por Troiteiro)




                                          
                                          Detalle do teito.




Nun dos meus paseos buscando curiosidades atopei duas minas de agua, están no lugar da Bouza, unha pertence o clero, mencinase na entrada no que recollo o inventario que se fixo nos anos trinta, o outra moi perto desta, que dinme que e particular, chamoume a atención pola sua extructura.



Esta pertence o clero, estaba na veira do camiño pero tivemos que apartar ramaxe.


Perto está esta outra que e particular según me dixeron por alí, chamome moito a atención, vese que e moi longa, parece unha caverna.



Hai un pequeno derrumbe no medio pero logo sigue hacia o interior.




Fotografías aportadas por Troiteiro.


                                                                                            Fonte na Chan do Monte






Inscripción na fonte de Santarandán
Fonte de Santarandán




                                                         Fonte da Cruz no Bravo



Fotografía cedida por José M. Duarte
                                                                 Fonte do Pozo

                                                             No cemiterio

En Tilve


                                                   No Vigario, trasladada de seu asentamento orixiñal no ano 1984.





Unha nova fonte, esta encontrámola na Bouza, cóntanme que ademais de beber, a xente lavaba a roupa alí, e algún tense bañado, ahora casi non leva agua, pero pódese ver o que queda de ela.

O caño por onde aía o auga, inda que ahora vai mais escasa.

                                           Na Bouza.

                                                                   






 Nesta foto, inda que non se aprecia ben, esa pedra que se ve, xunto a outra que xa non existe, era para lavar a roupa, esas duas pedras, pechaban a saída da auga, e formaban un pilón...

Na zona da Bouza, outro veciño aporta esta foto.



Outra pequena fonte, está perto do río, nesta parroquia o auga, brota por todalas partes, e sabemos aproveitar con enseño cada pedra que temos.


No lugar dá Hermida, unhas veciñas, mostranme outra curiosidade, esta que vos mostro seguidamente era unha mina, que remataba nun pilón que era compartido por tres casas próximas, agora como vedes na actualidade fai as funcións de estanque..., dándolle cor a paisaxe.
A pedra que se ve ó fondo era onde se lavaba, a roupa, inda que na foto non se aprecia ben, e bastante larga e lisa.




Fonte do moural.

No hay comentarios:

Publicar un comentario