jueves, 13 de junio de 2013

TOPONIMIA DE DONDE VEN O NOME DE CERPONZÓNS


Buscando datos sobre a toponimia do nome da nosa parroquia Cerponzóns, descubrín que ven do xenitivo Serpentionis (declinación Serpentio-Serpentionis), a evolución debeu de ser algo así : Serpentionis-Serpenciones-Serpençoes, Serponçoos-Serponçóns, Cerponçons. Os estudiosos que tratan este tema chegan a conclusión, que este topónimo e moi antigo e suliñan que mais que do medievo probablemente sexa da época sueva.

(publicado por Cossue en su blog Nomina Eorum)






Nos estudos feitos polo Fray Martín Sarmiento, referíndose á toponomía galega, comenta por exemplo que en Galícia, os veciños teñen as casas salpicadas por lugares moi separados das igrexas, seis ou oito veciños que viven xunto ás igrexas compoñen o lugar que denominan o "lugar da igrexa", é típico que unha aldea de Galicia teña seis, dez ou moitos mais lugares con distinto nome, como nos acontece a nosotros.
Según os seus estudos saca algunhas conclusións, como, que antes de gregos e celtas, xa estaba poboada Galicia, finalizada a guerra de Troya, algúns troianos e gregos, chegando por mar a España, achegáronse ás costas de Portugal, en especial dende a boca do Douro, ata as bocas do río TambrePasaron o río Miño e estendéronse polo "país de Pontevedra".

Cando se refire ao nome dos lugares, comenta, que ten dúas conclusións, que a maior parte dos nomes son latinos e que outra parte se dividen en suevos e góticos. Cando fixeron a irrupción en Galicia, foron os suevos e logo entraron os godos, xa en Galicia habia infinitos nomes dos sitios xeográficos que lles puxeron os romanos, despois imitándoos puxeron algúns os suevos e os godos, finalmente os galegos usando xa a súa lingua vulgar, puxeron outros nomes que eran mais doados de entender e o normal é que adoitaban ser voces derivadas do latín. No listado que nomes antiquísimos que estuda Fray Martín Sarmiento, aparece Cerponzóns con a aclaración siguiente (Serpentiones.Instrumento).



Tamén D. Jose Luis Basanta Campos na súa publicación "Filigranas en documentos gallegos"(Archivo Histórico Provincial dePontevedra), recolle filigranas tomadas de documentos que pertenceron á Confraría da Virxe do Refuxio, e que se custodian no Arquivo Provincial de Pontevedra, 100 marcas de auga que cobren o período comprendido entre 1594 e 1890, as 100 marcas que se reproducen levan o n.º de orde unha letra que indica en que cartapacio se encontra o documento e a data.



O cartapacio mais antíguo que se conserva corresponde a escrituras de bens e rendas de confrarías, como di o mais antigo refire á venda realizada por Xusta de Casas de Cerponzons,fechado en 1594.


 Marca de auga de 1594.



Por iso podemos deducir que a parroquia xa existía con certa actividade moito antes do 1500 xa que nesa época habitaban persoas que xa se preocupaban de que as súas propiedades estivesen ben legalizadas.


ESTUDOS REALIZADOS NA DOCUMENTACIÓN QUE HAI SOBRE CERPONZONS.
(D.Manuel Miguez)

Menciónase por primeira vez nun documento do rei Alfonso V, confirmando posesións da diocese de Santiago, de data 30 de Marzo do ano 1019.


 Noméase deste modo "Serpentiones". O documento utiliza sen dúbida o nome oficial da parroquia coa súa grafía latina, o que indica unha denominación antígua, posiblemente xa non fose esa a pronunciación popular do nome.

No ano 1438, o cóengo de Santiago Gonzalo Vazquez escribe en galego o "Liber Tenencie de Horro e menciona á parroquia deste modo "StVicenço de Serpençoes", esta forma debe aproximarse máis á pronunciación real do pobo, a omisión da "n", final na escritura é unha peculiaridade propia da época.

O 1º documento orixinal conservado no arquivo da parroquia leva data do 4 de Marzo de 1547, o nome escríbese así "San Viçenço de Serpensons.

Consérvanse algúns documentos orixinais entre outros un do ano 1544 escrito en letra procesual que vén sendo un inventario deCerponzóns e Berducido.




















 Estes escritos estaban envolvidos nun cantoral feito en pel de ovella, cabra ou similar.









A comezos do século XVII (ano 1607), o Cardeal Xerónimo do Burato, escríbeo con grafías lixeiramente distintas, "San Vicenço de Serpençons e "San Vicenço de Cerpençons, que parece recoller fielmente a pronunciación popular do nome.

Os libros parroquiais actualmente existentes no arquivo achegan datos dende os primeiros anos do século XVII e permiten seguir con detalle tanto a evolución da grafía do nome da parroquia coma a súa pronunciación.



SÍNTESE

A forma "Serpensons", é a máis frecuente ao longo do século XVII. Dende comezos do século XVII, prodúcese o cambio máis importante na evolución do nome; pérdese de modo definitivo a " e " central, que é substituída pola " ou " que perdurou ata aacturalidad, tanto na escritura coma na pronunciación, tambiencomeza a cambiarse en ocasións a " s " inicial pola "c" ou a "z". O nome aparecerá escrito deste modo: "Cerponsons" ou "Zerponzons", non obstante a pronunciación "Serponsons" debeu manterse salvo no cambio vocálico, no que a nasal "n" debeu arrastrar o paso da " e " á " ou " como hoxe se conserva.


A evolución gráfica do seseo ao ceceo vaise producir ao longo do século XVIII, seguramente responde a cambios na pronunciación popular. A mediados deste século, aparece nalgunhas ocasións o nome xa totalmente castellanizado "Cerponzones" pero aínda nondebia ser o mais usual, posto que ata mediados do século XIX a grafía mais frecuente é "Cerponzóns", impoñéndose dende esa data a que chegou aos nosos días "Cerponzones".

Coa recente normatización linguística, do galego a voz oficial é "Cerponzóns".

Ou pinión persoal de D.Manuel Miguez; Segundo o estúdio que fixo da evolución do nome da nosa parroquia ao longo dos séculos, opina que a denominación máis correcta debese ser a que se mantivo ata o século XVII, "Serpensons", non obstante, é o uso o que determina a pronunciación dun nome, e unha vez perdido oantíguo "Seseo" o correcto parece utilizar o modo de dicir actual.
Das antíguas grafías como "Serpensoos" ou "Serpençoes", seduduce que o último vogal do nome é en realidade unha "ou" larga, polo que a pronunciación galega "Cerponzóns" non debe acentuarse de modo abrupto sinó suavizarse. A mesma "e" que se utiliza no nome castellanizado non pasa de ser unha intervocálica moi típica na pronunciación habitual dos
galegos.


O SIGNIFICADO DO NOME

A orixe é claramente latina. O verbo "serpo", significa "serpear, reptar", de aí o nome de serpe, polo tanto o nome da parroquia está asociado dalgún modo co tema "serpe", sería aventurado deducir unha conclusión mais concreta, se ben, cabe facer especulacións en relación con este asunto e certos pobos do noroeste de España na época prerromana. Coñecemos o nome dun grupo celta denominado "sefes", derivado logo a "sepes",pero non é seguro que o nome da parroquia proveña de aí.

Debemos limitarnos a indicar que o nome existe a menos dende a época romana e que identificaba a un territorio concreto e aos seus poboadores "os serpentiones", distinguíndoos dos seus veciños con esa denominación.
Os serpentiones eran polo tanto o grupo humano que poboaba esta bisbarra e deron o seu nome a esta.

No terreo da hipótese cabe pensar que podía proceder dun antepasado famoso "Serpentius" ou quizais que a serpe era o animal totémico deste grupo sen excluír a posibilidade do citado pobo celta dos "Serpes".







A supervivencia do nome ao longo do tempo, así como a persistencia de moitos nomes de lugar, de orixe latina, segundo veremos, indica a cantidade da poboación dende a época romana, sen que as invasións xermánicas ou o proceso de repoboación da Reconquista pareza ter alterado apenas a toponimia.




(Fuente:www.arqueotoponimia.blogspot.com.es)



CerponzónsAnllónshidrónimos e serpes
Nos libros dos augures romanos conservábanse en segredo os verdadeiros nomes do río Tíber; un deles, coluber (cobra), debíase evidentemente ao seu curso sinuoso, como o do corpo dunha serpe (Santiago Monteiro Ferreiro, El emperador e os ríos).

ofiolatría foi moi probablemente un culto hídrico ao río baixo a súa forma serpentiforme. En Galicia o topónimo Cerponzóns(Pontevedra) remite a forma "Serpentiones", documentada en 1019. Así mesmo no Tumbo de Samos aparece un "rivulumSerpentina" documentado en 1074. Na base de datos de Toponimia de Galicia recóllense como hidrónimos derivados da base *SERP-, "cobra, río sinuoso,": Rego dás Serpes (BarreirosLugo), Río dáXerpe (BetanzosCoruña), Fonte dá Xerpe (CambreCoruña) e Valdá Serpe (ManzanedaOurense).
Pedrafita do Monte Curuto. (C) O Embigo do Becho: Espectacular achado en Cerponzóns.
Pedra gravada coa forma de serpe achada en Cerponzóns a escasos 1000 metros do monte "Curuto".

Na miña opinión o serpentiforme gravado no milenario menhir deCerponzóns sería un emblema heráldico do nome do río-serpe do lugar, Serpentione, actual río Rons. Para iso sería necesario presumir, dada a antigüidade do gravado, anterior á romanización da Península, que a base hidronímica *SERP-, "cobra, río sinuoso," era paleoeuropea, non exclusivamente latina.



(Quero novamente facer incapé no meu agradecemento e o de moitos veciños desta parroquia a D.Manuel Miguez, quen con moita paciencia ao longo dos anos estudou a documentación dos fondos da nosa parroquia e os plasmou nos seus escritos de forma ordenada para que todo o que queira poida consultalo e así saber de onde vimos e que a nosa historia quede plasmada para as xentes vindeiras).

1 comentario:

  1. Tamen hai que comentar o de en vez con serponzones con zerponzones...xa qur nos marcos de deslinde coas parroquias contiguas no noso lado po Z

    ResponderEliminar